España
Contacto
Contacto

Dalkia España

C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01

Accesibilidade

Un sitio Web accesible permítelles a todos os internautas acceder sen dificultade ó conxunto dos seus contidos, especialmente ás persoas con algún tipo de incapacidade que empregan navegadores especializados.

Cumprimento das normas de accesibilidade

Este sitio foi deseñado de tal xeito que fose accesible para o maior número de internautas.Atende ás normas e directrices definidas polo consorcio World Wide Web (W3C).As súas páxinas seguen as Pautas de Accesibilidade ó Contido na Web.

As principais vantaxes para os internautas son as seguintes:

  • o contido do sitio está organizado de xeito lóxico e xerarquizado
  • as páxinas son, en xeral, máis rápidas de visualizar
  • o contido do sitio pódese consultar sexa cal sexa o navegador empregado

Con todo, o uso de navegadores de xeracións anteriores pode producir problemas de visualización, polo que recomendamos o uso dos seguintes navegadores para unha lectura óptima:

  • Internet Explorer 6 e versións posteriores;
  • Firefox 2 e versións posteriores;
  • Safari 2.04 e versións posteriores.

Estrutura do sitio e principios de navegación

A estrutura da información do sitio está organizada en grandes seccións que son accesibles a través do menú principal e de ligazóns a pé de páxina.

  • «¿Quen somos?»presenta a Dalkia e ó Grupo,

  • «Os nosos clientes» presenta a nosa oferta para cada un dos sectores ós que nos diriximos, así como as nosas principais referencias,

  • «As nosas actividades» presenta a nosa gama de coñecementos aplicados e solucións,

  • «Novas» reúne os comunicados de prensa e artigos breves, publicacións, dossiers etc.

  • «Únase a nós» informa sobre traballos, recursos humanos e contratación.

O logotipo de Dalkia permítelle volver á páxina de inicio cando estea a navegar polo sitio.

Hai ligazóns prioritarias na parte inferior de todas as páxinas:cara á páxina de contacto, o mapa do sitio, os avisos legais, os créditos e a política de accesibilidade do sitio.

A pé de páxina atópanse tamén ligazóns ás seccións principais do sitio.

O listado de enlaces permítelle saber en que páxina se atopa e pasar rapidamente ó nivel de navegación superior.

As outras versións lingüísticas do sitio, de as haber, son accesibles desde todas as páxinas a través de ligazóns colocadas arriba á dereita.

O mapa do sitio permite ter unha vista rápida da estrutura do sitio, así como acceso ó seu contido.Pódese acceder a el a través dunha ligazón situada na parte inferior de cada páxina.

O motor de busca, accesible na parte superior dereita de todas as páxinas, permite facer unha busca no conxunto de contidos do sitio.A busca pode estenderse ás outras linguas e ó conxunto de sitios Web de Dalkia.

Presentación e navegación adaptadas para cada persoa

O tamaño dos caracteres empregados no sitio é modificable polo internauta, para así facilitar a lectura.

Para modificar o tamaño dos caracteres:

  • Internet Explorer:Seleccione o menú "Ver;Tamaño do texto"
  • Mozilla:Seleccione o menú "Ver;Tamaño do texto"
  • Safari:Seleccione o menú "Visualización;Aumentar/Reducir tamaño do texto"

Se o seu equipo conta cun rato con roda, a maioría dos navegadores poden aumentar o tamaño do texto accionando a roda mentres preme unha tecla:

  • Windows:Ctrl + roda do rato
  • Mac:Mazá + roda do rato

Están dispoñibles unha presentación gráfica e unha presentación simplificada:

  • unha presentación gráfica, coas cores de Dalkia;
  • unha presentación simplificada, destinada ás persoas con dificultades visuais así como ás que empregan un dispositivo portátil tipo PDA ou teléfono móbil.

Pódese acceder a estas versións a través da ligazón «Versión simplificada» ou «Versión gráfica», na parte superior de cada páxina.

A navegación por tabulación permite navegar polo sitio empregando unicamente o teclado:

  • A tecla Tab permite pasar dunha ligazón a outra.
  • A tecla Intro confirma.

As ligazóns de acceso rápido (ou de navegación interna) da versión simplificada permiten ir directamente:

  • ó contido da páxina
  • ó menú de navegación xeral (nivel 1)
  • ó menú de navegación interna dunha sección.

Lectura dos contidos multimedia (documentos pdf, animación e vídeo)

A visualización de certos contidos PDF ou Flash precisa da instalación de plug-ins no ordenador.Se non dispón destes plug-ins, pode descargalos de balde a través das seguintes ligazóns: