España
Contacto
Contacto

Dalkia España

C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01

Aviso legal

Este sitio está rexido pola lexislación francesa.Todo uso que se faga del debe realizarse respectando esta última, e considerarase suxeita a intervención no territorio francés.

O sitio Web

Este sitio Web proporciona información sobre a empresa DALKIA e as súas filiais.Está editado por DALKIA, sociedade en comandita por accións cun capital social de 968.868.596 €, inscrita no Rexistro Mercantil de Lille co número 403.211.295 e con domicilio social en 37 Avenue du Maréchal de Lattre de Tassigny, 59350 Saint André, Francia, e número de teléfono 03 20 63 42 42.

Director da publicación:

Comité editorial:

Este sitio está aloxado por:

Artful, sociedade anónima cun capital de 2.760.019 €, inscrita no Rexistro Mercantil de Rennes co número B412.899.387, con domicilio social en 5 Avenue des Peupliers, 35510 Cesson Sévigné, representada por D. Olivier Beaudet e co número de teléfono 02 99 12 57 57.

Responsabilidade

DALKIA, as súas filiais, os seus directivos ou empregados non serán considerados responsables dos danos que se deriven dunha conexión ó presente sitio.

DALKIA pode proporcionar ligazóns a outros sitios Web que poden pertencer ou non a filiais de DALKIA, a través de banners, publicitarios ou non, ou por calquera outro medio.

Estes sitios son independentes do sitio de DALKIA.DALKIA non edita nin controla as fontes nin os contidos destes sitios nin as súas ligazóns a outros sitios Web.

As ligazóns a estes sitios non constitúen de xeito ningún aprobación, validación nin adhesión por parte de DALKIA ó contido destes sitios nin que DALKIA formalizara ningún acordo de asociación cos propietarios e/ou autores, deseñadores, animadores, xestores ou responsables do aloxamento destes sitios.

DALKIA non poderá, por tanto, ser considerada responsable do contido, produtos, servizos, publicidade, cookies ou calquera outro material destes sitios nin dos danos ou perdas, reais ou presuntos, derivados de ou vinculados co uso da información, servizos ou datos dispoñibles nestes sitios.

Protección de dereitos

O conxunto do contido deste sitio (arquitectura, textos, fotografías, ilustracións, programas...)é propiedade de DALKIA e das súas filiais ou dos seus subministradores técnicos.Todos os dereitos de uso reservados.

Conforme ó artigo L.122-4 do Código da propiedade intelectual francés, toda representación ou reprodución non expresamente autorizada, total ou parcial e sexa polo procedemento que sexa, é ilícita e constitúe unha infracción sancionada polos artigos L.335-2 e seguintes do Código da propiedade intelectual.

DALKIA e os diferentes logotipos empregados son marcas rexistradas cuxa reprodución constitúe igualmente infracción.

Privacidade - recollida e uso de datos persoais

DALKIA non esixe en ningún momento a ningún usuario a comunicación de datos persoais (nome, enderezo, enderezo electrónico, profesión...). Con todo, especialmente para obter certa información ou recibir documentos, pode ser necesario inscribirse proporcionando algúns datos persoais.

DALKIA infórmao de que os datos persoais que vostede poida comunicarlle en liña están destinados unicamente ó uso de DALKIA, que é responsable do seu tratamento e da súa conservación.Estes datos non serán comunicados a terceiros, coa excepción dos encargados do aloxamento do sitio ou interveñan no seu contido ou a súa xestión.

DALKIA comprométese a tomar todas as medidas razoables á súa disposición para preservar a confidencialidade destes datos persoais.

Ademais, DALKIA recórdalle que, en conformidade coa lei francesa de 6 de xaneiro de 1978 sobre informática, protección de datos persoais e liberdades individuais, modificada, vostede dispón dun dereito de oposición, de acceso e de rectificación con respecto a estes datos persoais.Pode exercer este dereito en todo momento dirixindo un correo electrónico a:contactcnil@dalkia.com

Procederase á modificación solicitada en canto sexa posible.

A conexión a un servidor Web fai que se envíe ó seu navegador unha pequena cantidade de datos que serán almacenados no disco duro do seu ordenador.Trátase das cookies.

Se o desexa, pode configurar o seu navegador para que rexeite as cookies, o que non impedirá a conexión ó noso sitio pero poderá aumentar os tempos de carga das páxinas.