España
Contacto
Contacto

Dalkia España

C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01

Os nosos clientes

Os nosos equipos traballan día a día para optimizar o rendemento enerxético de hospitais, oficinas, centros comerciais e de ocio, edificios residenciais e municipais, plantas industriais e outras instalacións.

Saúde

Desde o mantemento integral de edificios ata a xestión enerxética e a prevención de riscos sanitarios, Dalkia ofrece unha oferta global de servizos para asegurar un rendemento óptimo en centros sanitarios e hospitais, liberando ós seus administradores das actividades non médicas.

Terciario e oficinas

A xestión de equipos de climatización, o mantemento técnico integral e a xestión global de edificios (facilitymanagement) permiten asegurar un entorno agradable e confortable tanto a traballadores coma a visitantes de oficinas, centros comerciais e de ocio, optimizando ó mesmo tempo os custos de explotación.

Entidades locais

Traballamos coas autoridades locais para ofrecer solucións que contribúen a mellorar a comodidade, protexer o medio ambiente e controlar os gastos mediante solucións que van desde a xestión de redes de calor e frío ata o mantemento dos edificios públicos.

Vivendas

Un entorno con gran calidade e confort: ofrecemos solucións eficaces e á medida para a optimización da enerxía e a xestión global de edificios residenciais.
En colaboración cos nosos clientes, aseguramos a comodidade e o benestar de millóns de propietarios e arrendatarios.

Industria

Cada industria necesita concentrarse na súa actividade principal.
Esa é a razón pola que proporcionamos unha oferta global que inclúe o deseño, a enxeñería, a explotación e o mantemento de instalacións de utilidades industriais para reducir os seus custos enerxéticos e beneficiarse de recursos eficaces para a producción, a distribución e o uso da enerxía.