Dalkia España
C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01
Asociámonos coas autoridades locais e ofrecemos solucións para mellorar o confort, protexer o medio ambiente e controlar os gastos : desde o mantemento dos edificios públicos ata a xestión de redes de calor e frío.
Optimización e aforro enerxético
A través dun estudio global do consumo enerxético, Dalkia realiza un diagnóstico e ofrece unha serie de recomendacións para acadar a máxima optimización do seu consumo enerxético.
Dalkia ocúpase da xestión e explotación das instalacións térmicas e eléctricas, asegurando os resultados por contrato.
Mantemento integral de edificios
Dalkia ocúpase do mantemento das instalacións técnicas, as redes eléctricas e as obras menores garantindo a dispoñibilidade dos equipos, a seguridade dos usuarios e o custo de explotación dos edificios.
Grazas ós sistemas de xestión presencial e remota, Dalkia garante as intervencións nos mellores prazos e o seu seguimento.
Eficiencia medioambiental
En Dalkia, estudiamos todas as solucións técnicas que permiten ó noso cliente reducir o seu impacto negativo sobre o medio ambiente e controlar as emisións de CO2.
Mediante unha auditoría das instalacións enerxéticas, acompañamos á entidade local na aplicación das mellores políticas medioambientais e poñemos en marcha solucións de optimización de recursos enerxéticos e de valorización de enerxías renovables, como a biomasa, a enerxía solar ou a enerxía xeotérmica.