España
Contacto
Contacto

Dalkia España

C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01

Industria

Desde a industria automobilística, ata a química e a metalúrxica, os fabricantes necesitan concentrarse na súa actividade principal. Esa é a razón pola que proporcionamos o deseño, a enxeñería, a explotación e o mantemento de instalacións enerxéticas que necesitan para reducir os seus gastos e beneficiarse de recursos eficaces para a producción, distribución e uso da enerxía.

Xestión e optimización da enerxía

Dalkia ofrece solucións completas e personalizadas que inclúen a compra da enerxía, as actividades operativas e o mantemento das instalacións, garantindo a continuidade na subministración e a optimización dos seus recursos.
Dalkia tamén se encarga da valorización das enerxías renovables, asegurando un máximo respecto ó medio ambiente.

Climatización e calefacción

A xestión das instalacións de calefacción, climatización e de tratamento do aire é integral, ocupándose desde a compra da enerxía primaria ata a operación, o mantemento e a vixilancia -presencial e remota- das instalacións.
O noso cliente liberase de numerosas tarefas mentres dispón en todo momento dun control total da súa execución.

Mantemento global de inmobles

Dalkia xestiona o mantemento técnico dos inmobles: desde a distribución da enerxía, as liñas de alta e baixa tensión e as redes telefónicas e informáticas ata os sistemas de seguridade e control de acceso e obras menores de edificios.
Ademais disto, Dalkia ofrece un catálogo de servizos xerais como a recepción física e telefónica, xestión do correo, reprografía ou limpeza, entre outros.