Dalkia España
C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01
Dalkia ofrece servizos de alto valor engadido a hospitais, clínicas e outras organizacións públicas e privadas de asistencia sanitaria que permiten liberar ós seus administradores de actividades non médicas e que van desde a xestión enerxética e a prevención de riscos sanitarios ata a xestión global de edificios e os servizos non asistenciais.
Xestión e subministración enerxéticos
Co obxectivo de optimizar o consumo enerxético, Dalkia encárgase da xestión de todas as enerxías e a explotación das instalacións enerxéticas. Para garantir unha subministración segura e de calidade, Dalkia explota as centrais enerxéticas de coxeración ou trixeración así como de baleiro medicinal.
Prevención de riscos sanitarios
A loita contra as infeccións nosocomiais e a lexionela é unha labor de suma importancia en calquera centro sanitario. Dalkia acompáñao nesta loita ocupándose da xestión completa dos residuos e da limpeza biosanitaria dos espacios sanitarios sensibles. Así mesmo, Dalkia dispón dun servizo de esterilización e encárgase da xestión das salas brancas. O diagnóstico das redes, a conducción e mantemento das instalacións, e o control da calidade da auga permítennos prever os riscos relacionados coa lexionela.
Xestión global de edificios e dos servizos non asistenciais
O noso obxectivo é garantir a satisfacción e o confort dos pacientes, dos visitantes e dos equipos médicos así como optimizar o funcionamento técnico dos edificios sanitarios. Dalkia encárgase dos servizos loxísticos e da limpeza, así como da seguridade, do mantemento integral do edificio e tamén dos seus equipos electromédicos.