España
Contacto
Contacto

Dalkia España

C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01

Vivendas

Dalkia ofrece solucións eficaces e a medida para a optimización da enerxía e a xestión global de edificios residenciais.
En colaboración cos nosos clientes, aseguramos a comodidade e o benestar de millóns de propietarios e arrendatarios.

Garantía de confort e prevención de riscos

Co fin último de favorecer o benestar dos habitantes, Dalkia ocúpase do mantemento das instalacións enerxéticas -calefacción, auga quente sanitaria, climatización e electricidade- garantindo a súa dispoñibilidade a través dunha subministración enerxética adecuada.
A aplicación de técnicas de vixilancia, o seguimento e o control periódico das instalacións permítenos certificar a seguridade das persoas e os bens, respectando ó mesmo tempo o medio ambiente e reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Optimización económica

Dalkia optimiza os gastos enerxéticos e os custos de ocupación, ofrecendo solucións expertas e personalizadas para cada necesidade real.
Tanto na compra coma na subministración da enerxía, Dalkia asesora ó cliente para mellorar o rendemento das súas instalacións.

Mantemento global de edificios residenciais

A través da explotación das instalacións técnicas, Dalkia comprométese mediante contrato a manter o bo funcionamento dos inmobles así como a optimizar os investimentos.
Os nosos equipos humanos ocúpanse de xestionar o mantemento global dos dispositivos e de manter o seu potencial económico.