Dalkia España
C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01
A nosa actividade principal consiste en axudar ós nosos clientes a xestionar a súa enerxía de xeito eficiente, controlando os gastos, respectado o medio ambiente e tendo en conta o desenvolvemento sostible.
Ofrecemos solucións integrais que inclúen o deseño, a enxeñería e a construcción, o mantemento e a explotación de instalacións. Ocupámonos tamén da xestión global de edificios dos nosos clientes, liberándoos de actividades non principais, como servizos de seguridade, limpeza ou recepción, entre outros.
Xestión enerxética de edificios
Garantir o confort dos ocupantes, reducir os gastos, previr os riscos sanitarios e medioambientais.
Dalkia té en conta as restriccións e a evolución dos seus clientes, asesóraos e adapta as respostas ós seus retos.
Xestión global de edificios
Dalkia libera ós seus clientes das funcións de apoio, para que gañen en competitividade, flexibilidade e calidade de servizo.
Instalación
Dalkia ocúpase da concepción, a instalación e posta en marcha de instalacións térmicas (calefacción ou climatización), técnicas ou eléctricas no marco dunha renovación ou da construcción dun edificio.
Utilidades enerxéticas
Dalkia xestiona as subministracións enerxéticas dos nosos clientes aproveitando o noso avanzado coñecemento.
Ofrecemos un amplo abano de prestacións, desde o mantemento ata a venda das subministracións básicas: vapor, frío, aire comprimido, coxeración, producción de electricidade, etc.
Redes de Calor e de Frío
Simplicidade e seguridade: as redes de calor e frío proporcionan confort a un custo competitivo.
Dalkia xestiona as redes de calor e frío para prover unha subministración térmica asegurada así como os servizos asociados.