Dalkia ofrece unha gama ampla de servizos sanitarios.
Para os hospitais e centros sanitarios, Dalkia ofrece unha gama ampla de servizos sanitarios que permiten mellorar a calidade de atención ó paciente e reducir os riscos.
Esterilización
Dalkia ocúpase da desinfección, a limpeza e a esterilización dos dispositivos médicos, con garantía e dispoñibilidade e de rastreo do material.
Solución completa e a medida que inclúe :
- A esterilización de instrumentos con garantía de resultados.
- O mantemento dos dispositivos médicos.
- Solucións específicas de cara a emerxencias ou de servizo temporal de esterilización.
- O asesoramento sobre conformidade coas normativas.
- A conformidade e vixilancia regulamentaria.
Compromisos
- Dispoñibilidade 24h ó día, todo o ano, e prazos de entrega dos dispositivos estériles.
- Custos de esterilización.
- Presencia dun farmacéutico in situ.
- Trazabilidade dos instrumentos e caixas de almacenamento.
- Información periódica e trazabilidade das operacións.
Limpeza biosanitaria
Dalkia realiza a limpeza dos espacios sanitarios (habitacións, áreas cirúrxicas) e zonas con atmosfera controlada para eliminar calquera risco de contaminación.
Solución completa e a medida que inclúe :
- O programa de limpeza definido segundo as zonas de necesidades
- Os equipos humanos formados especificamente para a limpeza biosanitaria.
- Os Productos e dispositivos de limpeza máis eficientes do mercado.
- O asesoramento polos nosos expertos en limpeza biosanitaria.
- A vixilancia regulamentaria e sanitaria
Compromisos
- Utilización de equipos de limpeza comprobados e conformes coa regulamentación.
- Frecuencia de limpeza segundo os requisitos sanitarios.
- Custo optimizado da limpeza biosanitaria
- Información periódica e trazabilidade das operacións.
Baleiro medicinal
Dalkia explota as instalacións de producción e distribución de baleiro medicinal e garante a continuidade da subministración indispensable para os coidados médicos.
Unha solución completa e a medida que inclúe :
- A enerxía primaria e a xestión técnica e administrativa da súa subministración.
- A conducción e o mantemento das instalacións de producción.
- A garantía de reparación e a renovación dos seus equipos.
- O asesoramento sobre a conformidade coa regulamentación vixente.
- A vixilancia regulamentaria e medioambiental.
Compromisos
- Cantidade e calidade de baleiro provisto.
- Continuidade da subministración e prazo de intervención.
- Rendemento enerxético
- Custo de explotación global
- Información periódica e seguimento das operacións
Equipos electromédicos
Dalkia asegura o mantemento dos equipos electromédicos segundo as indicacións do constructor e a normativa vixente.
Solución completa e a medida que inclúe :
- O programa de mantemento preventivo estándar segundo as características do dispositivo.
- A coordinación das intervencións de mantemento específico, co constructor do dispositivo.
- O asesoramento dos nosos expertos en equipos electromédicos.
- A vixilancia normativa e sanitaria.
Compromisos
- Frecuencia do mantemento preventivo
- Prazo de intervención ou de substitución de equipos defectuosos
- Custo global de mantemento
- Información periódica e trazabilidade das operacións.
Principio da páxina