Dalkia España
C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01
Philippe Enaud, Conselleiro Delegado, Dalkia España.
Doulle a benvida ó sitio web de Dalkia España, a compañía líder europea en servizos enerxéticos e medioambientais. Presente en España desde 1969, Dalkia España desenvolveuse grazas á confianza dos seus clientes e ás súas asociacións con compañías rexionais líderes no seu campo de actividade, o que contribuíu a que en 2009 acadara unha facturación de 300 millóns de euros.
En Dalkia axudamos ós nosos clientes - entidades locais, hospitais e empresas - a controlar os seus consumos e os seus gastos de enerxía, e axudámoslles a reducir o impacto medioambiental das súas instalacións enerxéticas. Fronte ós retos da evolución do prezo da enerxía e a seguridade da súa subministración, das cada vez máis complexas normativas medioambientais, técnicas e de seguridade e do cambio climático, aportamos solucións globais de eficiencia enerxética e de loita contra as emisións de CO2.
Os nosos clientes confíannos o deseño, a construcción e a xestión das súas instalacións enerxéticas, equipos de calefacción e de climatización, instalacións de producción de vapor, frío e aire comprimido, e redes de calor ou de frío, nun contrato global que inclúe garantía de resultados. A confianza dos nosos clientes lévalles a delegar en nós máis alá da xestión enerxética, servizos de mantemento técnico e de xestión global dos edificios. O beneficio principal dos nosos servizos radica en que os clientes poden concentrarse na súa actividade principal e apoiarse en nós para o resto. Poñemos á súa disposición equipos de especialistas e técnicos profesionais que traballan en rede en todo o mundo. Así, cada cliente benefíciase das capacidades de Dalkia e das innovacións creadas noutros lugares.
O noso principal reto para o futuro reside en acompañar ós nosos clientes para, xuntos, ampliar as fronteiras: aumentar a eficiencia enerxética, aproveitar o potencial das enerxías renovables e de tecnoloxías innovadoras, vixiar e reducir o impacto sobre o medio ambiente e incrementar a prevención dos riscos sanitarios.
Invítolle a que navegue polo noso sitio web onde descubrirá máis información sobre quen somos, que é o que facemos, a quen servimos e cal é o noso papel na sociedade.
Ata pronto,
Philippe Enaud
Conselleiro Delegado, Dalkia España