España
Contacto
Contacto

Dalkia España

C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01

Os nosos compromisos

Os nosos compromisos coa calidade e o desenvolvemento sostible

  • Protexer o medio ambiente, preservar os recursos naturais e fomentar a biodiversidade
  • Establecer e despregar un sistema medioambiental de xestión de acordo cos obxectivos identificados, cos planes de acción que se implanten e cuxo progreso estea monitorizado
  • Asegurar que as nosas instalacións e servizos cumpren coas regulacións, tendo en conta os estándares durante o seu desenvolvemento
  • Ir máis alá dos requirimentos mínimos legais en canto á mellora da saúde e prevención da seguridade
  • Incrementar os nosos esforzos en termos de investigación, desenvolvemento e innovación, co fin de mellorar a nosa capacidade de resposta ante os retos medioambientais.
  • Desenvolver as habilidades dos nosos colaboradores, favorecendo deste xeito unha maior autonomía e potenciando unha maior innovación corporativa.
  • Favorecer que os nosos socios, clientes e colaboradores en xeral fagan seus os nosos compromisos de desenvolvemento sostible.
  • Anticipar as necesidades e expectativas dos nosos clientes en materia de servizos medioambientais.
  • Participar no desenvolvemento social das comunidades nas que as nosas instalacións están presentes.
  • Promover os compromisos adquiridos no Pacto Global das Nacións Unidas e traballar con todas as partes implicadas facilitando o acceso a servizos esenciais e respectando os dereitos fundamentais.