España
Contacto
Contacto

Dalkia España

C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01

Os nosos valores

Os valores de Dalkia no mundo son

  • Preocupación polo cliente:
    estar sempre pendente do cliente con rigor e profesionalidade, prestando especial atención ás súas necesidades, favorecendo deste xeito unha política de anticipación que propicie o desenvolvemento dunha sólida e longa relación cos nosos clientes.
  • Responsabilidade social:
    ser conscientes do impacto que as nosas actividades diarias teñen nas condicións de vida das comunidades nas que operamos, contemplando a dimensión social e empresarial da nosa profesión, dirixida a favorecer o ben común.
  • Innovación:
    ser proactivos e imaxinativos, traballar na investigación dos servizos medioambientais do futuro mellorando sempre o noso nivel de calidade e ofrecer un maior valor engadido tanto ós clientes coma ós usuarios finais.
  • Solidariedade:
    facer converxer os intereses individuais en beneficio do interese colectivo e construír un grupo onde se comparten as experiencias e os éxitos.
  • Garantía de resultados:
    actuar e investir en todos os ámbitos e todos os países con rigor financeiro e afán de creación de riqueza para o grupo e os seus accionistas co fin de garantir a continuidade e o desenvolvemento a longo prazo.