España
Contacto
Contacto

Dalkia España

C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01

Traballar connosco

Formar parte de Dalkia significa participar no desenvolvemento dun dos protagonistas do sector dos servizos enerxéticos e medioambientais en plena expansión mundial.

Líder en servizos enerxéticos

Cunha orientación á innovación desde o seu comezo, Dalkia converteuse en poucos anos na compañía líder europea en servizos enerxéticos e medioambientais.
Conta co apoio dos seus dous accionistas principais, Veolia Environnement e EDF, que contribúen á súa expansión internacional.

Ampla gama de actividades; ampla gama de profesións

Con máis de 50.000 traballadores en todo o mundo, Dalkia ofrécelle unha ampla gama de profesións, a maior parte delas centrada nos retos de optimización da enerxía e protección do medio ambiente: mantemento técnico integral, redes de calor e frío, subministracións de utilidades enerxéticas, xestión global de edificios, etc.

Comprometidos coa diversidade cultural

Sentímonos orgullosos da nosa diversidade: en toda Europa, pero tamén en América Latina e China, en Estados Unidos e Canadá, en Oriente Medio e na zona de Asia Pacífico, os nosos equipos multiculturais desenvolven as actividades adaptadas ós retos locais.

Os nosos principios

Ó longo das nosas instalacións, catro principios gobernan as nosas actividades diarias: pragmatismo, innovación, transversalidade e sostibilidade.
Estes principios de acción resumen perfectamente a vontade de responder ós obxectivos seguintes: valorizar e recompensar o traballo en equipo, favorecer que as experiencias se compartan e optimizar o coñecemento e a experiencia interna para fortalecer as nosas capacidades.