Dalkia España
C/ Juan Ignacio Luca
de Tena 4
28027 Madrid
Tel: 91 515 36 00
Fax: 91 413 05 01
A Prevención de Riscos Laborais é un factor prioritario e estratéxico para o grupo Dalkia.
A empresa asume as súas responsabilidades en materia de seguridade laboral
e adopta o compromiso de incorporar unha xestión preventiva eficaz nas súas actividades cotiás.
A promoción das condicións de traballo
adoptouse coma un obxectivo primordial na política de xestión da organización co fin de elevar os niveis de seguridade, saúde e benestar de todos os seus traballadores.
Dalkia considera a todos os membros da súa organización coma o activo máis importante do que dispón
e para lograr asegurar a integridade física de todos os seus traballadores aposta pola mellora continua nas accións de prevención.
Os esforzos céntranse en potenciar a información, a consulta e a participación do persoal
en todos os niveis e estamentos da empresa, xa que son os alicerces básicos para reforzar o sistema de xestión de prevención de riscos laborais.